O vindeiro 2 de decembro, a partir das 12 horas, o movemento asociativo da discapacidade viaxa a Madrid para percorrer o centro da capital convocado nunha gran marcha polos dereitos, inclusión e benestar a salvo.
#SOSdiscapacidad é o hashtag co que se pode seguir esta gran convocatoria a través da rede social Twitter
O Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia (CERMI Galicia) únese á gran marcha en Madrid, convocada polo movemento social da discapacidade, representado polo CERMI Estatal, para defender os dereitos das persoas con discapacidade e as súas familias.
No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, e baixo o lema ‘SOS Discapacidade – Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo’, esta gran marcha pola discapacidade, que será o próximo día 2 de decembro polas rúas céntricas da capital, a partir de las 12 horas, contará coa participación de milleiros de persoas con discapacidade ea s súas familias, ademais de persoas voluntarias, profesionais e simpatizantes, que se concentrarán para unirse ante a inquietante situación que atravesan, agravada pola crise e as decisións políticas de regresión de dereitos e de debilitación do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzados por España.
Con este acto cívico, o CERMI pedirá, a través de la lectura dun manifesto, evitar o colapso dos sistemas e dispositivos de promoción e protección das persoas con discapacidade e as súas familias.
Esta estratexia activa de contestación ‘SOS Discapacidade’ manterase mentres perdure o máis agudo desta crise, iniciando nas vésperas do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, en defensa da inclusión, os dereitos e a cidadanía.
O CERMI é a plataforma unitaria estatal de representación das persoas con discapacidade que na sociedade civil engloba a máis de 7.000 asociacións e entidades, que traballa para lograr unha inclusión plena dunha realidade presente no 10% da poboación, os máis de catro millóns de persoas con discapacidade que hai en España. O obxectivo é conseguir o recoñecemento dos dereitos e a plena cidadanía e igualdade de oportunidades deste grupo social.
COGAMI forma parte do Cermi Galicia dende o ano 1999.
Artículos relacionados que le pueden interesar:
(Pincha sobre el texto)
(Pincha sobre el texto)
- PULSERAS Y COLGANTES DE AVISO MÉDICO - INDICATIVOS DE ALERTA MÉDICA
PINCHA SOBRE TEXTO
PARA VER INFORMACIÓN SOBRE
INCIDENCIA Y PREVALENCIA
DEL LINFEDEMA
PARA VER INFORMACIÓN SOBRE
INCIDENCIA Y PREVALENCIA
DEL LINFEDEMA
CAMPAÑA DE LINFEDEMA
Para una concienciación global se está pidiendo a la
OMS - ORGANIZACIÓN MUNDIAL DE LA SALUD
que nombre:
"LINFEDEMA - CONCIENCIACIÓN Y TRATAMIENTOS"
como campaña para el Día Mundial de la Salud
KATHY BATES
ACTRIZ DE UN OSCAR - EMBAJADORA DE LINFEDEMA